Páxinas

miércoles, 30 de octubre de 2013

Actividade LIM Samaín

Se queredes, como tedes varios días de "vacacións", podedes ir ao enlace de abaixo e practicar, xogar ou ver algún video do Samaín.
https://dl.dropboxusercontent.com/u/31356478/Sama%C3%ADn%202/o_samain.html

Un pouco de Samaín

No enlace web de abaixo podedes ler sobre a historia do Samaín (Halloween), que se celebra nos vindeiros días.

http://portaldaspalabras.org/miraquedin/samain

miércoles, 23 de octubre de 2013

Concurso de Manualidades

Na páxina do colexio tedes a información (que xa foi enviada á casa nunha notiña) para participar no concurso de manualidades con produtos de outono. Algúns xa levan a tarxeta para concursar, e, se algún máis se anima, ten que pedirnos unha. Animádevos!
Premios: 

  • MAIS ORIXINAL
  • MAIS DIFICULTADE NA SÚA ELABORACIÓN

martes, 22 de octubre de 2013

Repaso Linguas

Temos que saber...
  • A sílaba tónica é a sílaba que soa máis forte nunha palabra. O resto das sílabas son átonasExemplo: sal- ta- mon- tes
  • Palabras agudas: A sílaba tónica é a última. 
      • Exemplo: ca- mión
  • Palabras graves/ llanas: A sílaba tónica é a penúltima. 
      • Exemplo: bi- go- te
  • Palabras esdrúxulas: A sílaba tónica é a antepenúltima. 
      • Exemplo: te- - fo- no

viernes, 18 de octubre de 2013

Multiplicaciones por dos y tres cifras


Esta folla é a que debedes revisar para saber como facer as multiplicación por unha e dúas cifras.

viernes, 11 de octubre de 2013

Lectura e Biblioteca

Os libros esconden grandes historias, anímate a ler máis e así mellorarás a túa redación! Na biblioteca do colexio cada vez temos máis libros e contos novos que tes que descubrir...

Podes participar no concurso proposto por Multileo e a Biblioteca, que se titula "Que medo cando...", no que terás que escribir unha historia para o Samaín, e que teredes que entregar antes do 25 deste mes!

Xa tedes a plantilla por se queredes empezar a redactalo!


miércoles, 9 de octubre de 2013

Reunión de pais/ nais

O próximo martes 15 de outubro ás 17:00 h terá lugar unha reunión de inicio de curso para pais/ nais de alumnos/as do 2º ciclo (3º e 4º EP) nas aulas da titoría correspondente.
Polo tanto, teremos a nosa reunión na aula de 4º A.
Saúdos!

Reciclaxe nas aulas

O Concello en colaboración con Sogama enviounos dúas bolsas de reciclaxe para as aulas. A azul para papel e cartón e a amarela para envases. Todas as semanas iremos rotando de encargado/ a  para vaciar o lixo debidamente separado nos colectores correspondentes. Unha boa iniciativa para concienciarnos do coidado do medio!

lunes, 7 de octubre de 2013

Enlace a xogos matemáticos

Pincha na imaxe para acceder á páxina web "educapeques"

Puzle cooperativo

Os primeiros días, entre todos, fixeron este puzle ao que lle faltaban dúas pezas. Non foi problema, xa que fixemos dúas o máis exacto posible, con cartón, papel e ceras.

jueves, 3 de octubre de 2013

Frases para comezar a escribir un conto e para rematalo!

En castelán ou galego, e para comezar un conto, podes probar coas seguintes frases:
Había una vez.../ Había unha vez...
Hace mucho tiempo.../ Fai moito tempo...
Érase una vez.../ Érase unha vez...
En un país/ ciudad/ pueblo lejano.../ Nun pais / cidade/ pobo lonxano...
Hace años/ meses.../ Fai anos/meses...
Vivía una vez.../ Vivía unha vez...
Cuentan que en una aldea remota.../ Contan que nunha aldea remota...
Allá por el tiempo del rey.../ Aló polo tempo do rei...
En la época.... existía.../ Na época... existía...


Para rematar un conto, podes probar coas seguintes frases:
Y Colorín Colorado, este cuento se ha acabado.
Y vivieron felices hasta el fin de sus días./ E viviron felices ata a fin dos seus días.
Cuento contado, de la chimenea al tejado./ Conto contado, da cheminea ao tellado.
Esto es verdad y no miento, y como me lo contaron lo cuento./ Isto e verdade e non minto, e como con contaron cóntoo.
Fueron muy felices y comieron perdices./ Foron moi felices e comeron perdices.
Y aquí se rompió una taza, y cada quien para su casa./ E aquí rompeuse unha taza, e cada quen para a súa casa.
Se acabó el cuento, se lo llevó el viento y se fue... por el mar adentro./ Rematou o conto, levouno o vento e foise... polo mar adentro.
Así pasaron muchos años, hasta que este cuento se perdió entre castaños.

Enlace de Actividades ANAYA

Neste enlace tedes actividade da Editorial Anaya para 4º (excepto en galego).
Se queredes ir repasando contidos, podedes comezar por matemáticas

Unidad 1: Numeración

http://www.ceipjuanherreraalcausa.es/Recursosdidacticos/CUARTO/Programa/menu.htm