jueves, 23 de junio de 2011

Descarga de fotos

Ola de novo! Se queredes decargar algunhas das fotos deste curso, só tedes que premer nelas e co botón dereito pinchar en "Guardar imagen como" para gardalas nos vosos ordenadores/ portátiles.

miércoles, 22 de junio de 2011

A saída a Viveiro según os alumnos/as de 1º A

Recomendacións para o verán

Con motivo do remate do curso, os mestres de 1º recomendámosvos continuar traballando un poco no verán:
-Cálculo de sumas (con e sen levada) e restas.
-Lectura diaria (adaptada á súa idade, e, como mínimo 30 minutos diarios).
-Escritura-caligrafía (nos casos necesarios).
Así mesmo, terán que facer as actividades que lles preparamos para as vacacións (fichas), e rematar o libro de lecturas en galego.
Se tedes algunha dúbida só tedes que preguntar!

martes, 21 de junio de 2011

Quen son? Libro de adiviñas

                                          Preme en "play" para escoitar as adiviñas!
       

martes, 14 de junio de 2011

"O pirata Metepata"

Déixovos un video do Pirata Metepata, xa que a semana pasada, Andrea B. trouxo un libro que lemos na clase, e, aproveitando a ocasión, fixemos unha manualidade (un pouquiño complicada de montar, por certo!)

Xa podedes ver na Galería do colexio imaxes do día da árbore e a saída a Viveiro!! (páxina 3 da Galería)

http://www.edu.xunta.es/centros/ceipmanuelfraga/galeria/thumbnails.php?album=47&page=1&sort=pd