miércoles, 28 de marzo de 2012

Gotas por Níger

Onte fixemos unha carreira-circuito para solidarizarnos cun problema importante en Níger: a auga... Coma o noso cole participa no proxecto "Enrédate" de Unicef, organizouse este acto simbólico: a carreira consistía en intentar conseguir cantas máis gotas posibles, mellor!E, así tamén os nen@s se dan conta de que non ter auga, nin comida nin roupa é un grave problema...
O venres antes das vacacións aproveitamos para facer unha flor cunha gota e unha mensaxe de ánimo para os nenos de Níger. Despois, pegámolas na árbore da entrada do colexio!

Traballando os centímetros e metros mediante as nosas alturas

Aquí abaixo tedes unha gráfica que temos tamén na aula, na que se pode observar as diferentes alturas dos nenos da aula: están expresadas en centímetros CM, pero tamén coñecemos a unidade de medida referida ao metro (M). Lembrade que 1 m = 100 cm
Medíndonos decatámonos de que hai varios nenos e nenas na clase que miden máis ou menos o mesmo! Non son medidas exactas, pero aproximadas... Collimos un metro do material de Santillana, e puxémonos a medir un a un, e, así aparecían as comparacións, que, neste caso, son positivas, xa que aprenden a traballar as unidades de medida doutro xeito!

domingo, 18 de marzo de 2012

As plantas e flores

Gifs Animados - Imagenes Animadas
---Mañá plantaremos nos recipientes que tiñades que traer á clase unhas hortensias. Teremos que poñelas nun lugar da aula no que lles de a luz do sol e regalas periódicamente. E...a esperar a que medren e senten raíz.-----

Formas xeométricas con volume: o cubo

jueves, 15 de marzo de 2012

Actividade para coñecer máis sobre as plantas

Se pinchades na foto, enlazaravos ás actividades en lim das plantas que comezamos a facer en conxunto onte na pizarra dixital (cos alumnos de 2ºB). Esta actividade creada por Mari Carmen, axudaranos a coñecer mellor as partes dunha planta!

miércoles, 14 de marzo de 2012

Debuxos de animais

Estos son os nosos debuxos rematados; ao final fixemos varios vertebrados (con ósos) e un só invertebrado (sen ósos; a bolboreta).
Están feitos como xa vos dixeramos a partir de figuras planas reformadas. Idea sacada do libro de debuxo "Aprende a dibujar la selva" e outras páxinas online.

lunes, 12 de marzo de 2012

Nova pestaña para acceder ás imaxes

Nas pestañas do menú principal (arriba) tedes unha nova que vos enlaza á galería do colexio. Como ás veces depende do navegador que teñades, seguramente non poidades ver a imaxe de "galería de imaxes" que está na banda lateral (e que tamén enlaza ás fotos do cole), propóñovos esta segunda opción (ainda que tamén tedes a opción de ir á páxina do colexio   http://www.edu.xunta.es/centros/ceipmanuelfraga/ ir á galerías>galerías personais>2ºA (cursos 2010/2011 e 2011/2012)). Ou copiando directamente o seguinte enlace: http://www.edu.xunta.es/centros/ceipmanuelfraga/galeria/thumbnails.php?album=47
Saúdos!

jueves, 8 de marzo de 2012

As plantas e a natureza

Aquí tedes un enlace para traballar contidos de coñecemento relacionados cas plantas e coa natureza: hai información e actividades online:

martes, 6 de marzo de 2012

Figuras xeométricas con volume

                                                                      varios prismas

                                                                       varias pirámides

                                                                  cilindro, cono, esfera