miércoles, 30 de noviembre de 2011

Repaso as horas online

Aquí tedes dúas páxinas para traballar as horas (en punto, e cuarto, e media, menos cuarto). Premede nas imaxes para traballar con elas! (abrirase outra nova pestaña/ páxina para que podades volver ao blog cando queirades). Para poder velo teredes que ter no voso ordenador unha actualización Java (pódese descargar gratis).



A seguinte imaxe enlaza a outra actividade feita en Edilim:


viernes, 25 de noviembre de 2011

Outro tipo de ourizos e animais con plastilina e espaguetes







Video Unicef: Dereitos dos nenos; Os bolechas cos dereitos e imaxes do noso traballo no cole esta semana





Video de Unicef

Libro-presentación Os bolechas cos dereitos dos nenos

Actividades lim online de matemáticas



Para acceder a estas actividades online de matemáticas, preme nelas e abrirase unha nova pestaña na que podrás traballar! É un xeito divertido de aprender e repasar as matemáticas!

miércoles, 23 de noviembre de 2011

Lectura na casa, ou na biblioteca...




Recórdovos unha vez máis a importancia da lectura no primeiro ciclo; para isto, déixovos un video que ilustra á perfección cómo motivar a un nen@ a ler, como ben viña fomentando o Ministerio de Cultura "Se ti les, eles len"; probablemente non todos teñades moita variedade de libros, pero lembrade que tedes á vosa disposición a biblioteca do cole (que tamén abre os xoves de 16.00 a 18.00 h.) e a biblioteca municipal.

Manualidade: Ourizo con follas

jueves, 17 de noviembre de 2011

Hoxe recibimos unha importante CARTA de UNICEF

O vindeiro 20 de novembro é o Día Universal da Infancia e dos Dereitos d@s nen@s. Este ano, o noso cole colabora con UNICEF (asociación que, como sabredes, traballa pola infancia dos máis desfavorecidos), a través do programa "Enrédate", para reflexionar sobre as dificultades que hai no mundo.
O profesorado irá colaborando nas tarefas intentando implicar aos alumnos que desexen participar!
Polo momento, a pregunta que tratamos de resolver hoxe entre toda a clase foi:
"Qué farías ti para mellorar o mundo?"
Elaboramos un par de frases entre todos, e, mañá colgarémolas na "bola" do mundo que hai na entrada principal.
Durante a próxima semana, irémonos centrando cada día nos distintos dereitos do nen@:
  • Luns: Identidade e igualdade (debuxarse a un mesmo).
  • Martes: Protección e familia (debuxar á familia).
  • Mércores: O xogo e a participación (debuxar o xogo preferido).
  • Xoves: Saúde (debuxar onde vades ao médico).
  • Venres: a escola, a educación (debuxar o noso cole/ aula).



Na clase de Educación Física tamén aproveitarán o programa "Enrédate" para traballar facendo un xogo de "mover o mundo".

viernes, 11 de noviembre de 2011

Reciclando e creando coas castañas do Magosto...



                                Galo e galiñas!!

miércoles, 9 de noviembre de 2011

Actividades Lim "A castaña qie rebentou de risa" e "Magosto"

Enlace directo fotos

Debaixo do reloxo analóxico (columna da dereita) tedes unha imaxe que pon "Galería de imaxes do colexio", a partir de agora, pincharedes ahí para ver directamente as fotos!
Ou ben, como xa vos dixera noutras ocasións: páxina do colexio-Galerías-Galerías persoais- Tamara- 2ºA.
Saúdos!!

martes, 8 de noviembre de 2011

lunes, 7 de noviembre de 2011

Para traballar o conto "A castaña que rebentou de risa"

Aquí vos deixo un enlace "LIM" para traballar o conto "A castaña que rebentou de risa", que levachedes hoxe para casa, e que seguiremos traballando esta semana. Mañá, se o tempo o permite, celebraremos o Magosto, con xogos tradicionais e degustación de castañas!!

http://dl.dropbox.com/u/14722558/ACASTANA/castana1.html

jueves, 3 de noviembre de 2011