jueves, 17 de noviembre de 2011

Hoxe recibimos unha importante CARTA de UNICEF

O vindeiro 20 de novembro é o Día Universal da Infancia e dos Dereitos d@s nen@s. Este ano, o noso cole colabora con UNICEF (asociación que, como sabredes, traballa pola infancia dos máis desfavorecidos), a través do programa "Enrédate", para reflexionar sobre as dificultades que hai no mundo.
O profesorado irá colaborando nas tarefas intentando implicar aos alumnos que desexen participar!
Polo momento, a pregunta que tratamos de resolver hoxe entre toda a clase foi:
"Qué farías ti para mellorar o mundo?"
Elaboramos un par de frases entre todos, e, mañá colgarémolas na "bola" do mundo que hai na entrada principal.
Durante a próxima semana, irémonos centrando cada día nos distintos dereitos do nen@:
  • Luns: Identidade e igualdade (debuxarse a un mesmo).
  • Martes: Protección e familia (debuxar á familia).
  • Mércores: O xogo e a participación (debuxar o xogo preferido).
  • Xoves: Saúde (debuxar onde vades ao médico).
  • Venres: a escola, a educación (debuxar o noso cole/ aula).



Na clase de Educación Física tamén aproveitarán o programa "Enrédate" para traballar facendo un xogo de "mover o mundo".

No hay comentarios:

Publicar un comentario