sábado, 24 de diciembre de 2011

Enlace a xogos de nadal (en inglés)

Aquí tedes un enlace para xogar a vestir a Papa Noel, adornar árbores de Nadal, etc.!
Ainda que está en inglés, é moi sinxelo, porque só tedes que pinchar nos enlaces e xogar: http://cp.claracampoamor.fuenlabrada.educa.madrid.org/juegosnavidad.htm

martes, 20 de diciembre de 2011

O corpo por dentro

Onte, na clase de coñecemento do medio, veu a profe Mari Carmen a ensinarnos órganos internos parecidos aos nosos (estos eran de porco e tenreira):
  • Corazón
  • Riñóns (riles)
  • Pulmóns
  • Tráquea
  • Esófago
De todos estos órganos tróuxonos un anaquiño para que puideramos ver realmente cómo somos por dentro! Se vades algunha vez á carnicería seguramente volos poidan ensinar!




domingo, 18 de diciembre de 2011

Enlace Xerador de operacións matemáticas

http://www.edu.xunta.es/centros/ceipmanuelfraga/aulavirtual/file.php/28/mate/mategz.html
Este enlace, (así coma outros recursos) atópase na páxina do colexio en "Aula virtual"-Unidades-Libros interactivos-operacións matemáticas, e aquí podedes practicar sumas, restas, multiplicacións e divisións!

viernes, 16 de diciembre de 2011

O concerto didáctico de hoxe



Hoxe tivemos a oportunidade de asistir ao concerto didáctico "Son+d2". Foi unha actividade moi animada xa que, ademáis de aprender moito sobre distintos tipos de instrumentos musicais, díronnos varias ideas para crear instrumentos caseiros para este Nadal!!

martes, 13 de diciembre de 2011

lunes, 12 de diciembre de 2011

viernes, 9 de diciembre de 2011

jueves, 1 de diciembre de 2011

Adiviñas de Outono

Somos verdes e amarelas
tamén somos coloradas,
famosas somos en tarta,              As _ _ _ _ _
coma en 2ºB, asadas,
ou sen estar cociñadas


Teño posto gabardina
e por dentro estou recheiña,       A _ _ _ _ _ _ _ e o _ _ _ _ _ _
se me intentas atrapar,
ten coidado, non te vaias lastimar!


Son máis ben pequeniña,
e levo posto unha gorriña
Se non es quen de adiviñar,         As _ _ _ _ _ _ _
unha pista che imos dar:
a animais do bosque
sirvo para alimentar!