jueves, 24 de mayo de 2012

Xogo de adiviñar a foto de EF

Os mestres de Educación Física crearon un xogo (aquí tedes o enlace: 5sitios.colecarino.net) para tentar adiviñar a través dunha foto (serán 5 fotos), en que lugar de Cariño se atopa o que se amosa.
Para participar, necesitan a axuda dun adulto, polo que, se queredes, podedes axudarlles!
Os comentarios non se amosan no primeiro caso ata o venres á noite, polo que non vos extrañedes se non o vedes publicado... Tedes as instruccións do xogo colgadas nesa mesma páxina, pero, só tedes que poñer alumno e curso, sen apelidos (único Alejandro e Álex, ao ter o mesmo nome poden poñer a inicial do apelido).
Animádevos a participar! Será divertido!!

martes, 22 de mayo de 2012

Novo xeito para enlazar á galería de imaxes do colexio

Na pestaña superior dereita "Galería de imaxes" enlazaredes á galería "central" do colexio; deste xeito, poderedes ver fotos deste curso 2011-2012 incluidas no album "Segundo A", pero tamén iremos colgando fotos da saida a Aldea Nova e outras actividades noutros albums deste mesmo curso académico.
Se queredes ver as fotos de primeiro, teredes que ir co rato un pouquiño máis abaixo no apartado curso 2010- 2011 e premer en "Primeiro A".
Disculpade as molestias, por estar en contínuo cambio!
Saúdos!

sábado, 19 de mayo de 2012

Visita a Aldea Nova (Narón)

Lembrade que o próximo  luns 21 teremos a saída didáctica a Aldea Nova. É importante que traiades a comida e bebida, posto que pasaremos alí toda a mañá e parte da tarde.
A hora de saída: 9.30-9.40 (aprox)
A hora de chegada: (saida de Narón ás 16.30) 17.30 (aprox)
As paradas do autobús serán as mesmas que indicáchedes no papel da autorización.
Saúdos!!

martes, 15 de mayo de 2012

LIM Los Zorros del Norte de Mari Carmen

Aquí vos deixo unha actividade Lim que nos deixa Mari Carmen para practicar sobre o libro "Los zorros del norte"; o cal xa lichedes! Como veredes próximamente no xornal "O espigonciño", o traballo das aulas de 2º está de novo centrado no conto. Lembrade tamén que mañá temos a obra baseada no mesmo libro (na versión galega; "Os raposos do norte"), co que asistiremos ao festival de celebración das Letras Galegas
Premede na imaxe para enlazar á actividade


jueves, 10 de mayo de 2012

Traballando o Sistema Solar

Hoxe na primeira sexión tivemos a axuda do profe Jesús para ensinarnos un programa para aprender e ver de cerca os planetas na pantalla dixital da nosa aula.
Sairon moitas ideas e preguntas interesantes...
Aquí abaixo, pinchando na foto accederedes ao programa "Solar System Scope", que, ainda que está feito en inglés, arriba á dereita hai unha pestaña na que podedes escoller o idioma!

domingo, 6 de mayo de 2012

Feliz Día da Nai!!



Esperamos que vos gustaran os broches que tiñan preparados cada un para a súa mamá!!