jueves, 26 de enero de 2012

Actividades Lim sobre a Paz

Se pinchades na foto, abrirásevos unha pestana para traballar a Paz como contido. É unha actividade feita por Ana Martínez Rey.

Se pinchades nesta outra imaxe, accederedes a outra actividade Lim profundizando na paz e as palabras de boas accións relacionadas con ela!

miércoles, 25 de enero de 2012

Manos por la paz. Canción do día da Paz: 30 de xaneiro 2012



Esta será a canción que cantaremos todos xuntos para celebrar o día da paz (entre outras actividades).
O primeiro ciclo está traballando tamén nun mural conxunto: cada un está poñendo a súa mensaxe de paz nunha gotiña de auga... que caerán dunhas nubes e "regarán" os campos e herbas que medran coa forma da palabra "PAZ"



martes, 24 de enero de 2012

Tema "Os animais"

Como o tema dos animais é moi extenso (xa que imos aprender como é a súa clasificación: se son domésticos ou salvaxes, mamíferos, ovíparos, etc), deixámolo antes de nadal para comezar agora con él. De momento, o venres estivemos facendo "copia" en plastilina ou en folio dalgúns dos animais que nos deixou a profe Mari Carmen, de 2ºB. Hai moitísimos e variados animais. Aquí vos deixo unha mezcla de fotos. Cada día iremos investigando máis sobre animais e plantas...

Problemas técnicos...

Ola a tod@s! Non sei que pasaría no blog porque non se escoitaban os audios que fixemos coas nosas voces (nin o conto "Adivina cuánto te quiero", nin "Quen son? Adiviñas", nin a canción "Los esqueletos"). Coa axuda de Jesús xa está solucionado; xa podedes volver a escoitar o noso traballo. Saúdos!

miércoles, 18 de enero de 2012

Exercicios interactivos de repaso


Contos que estamos traballando na aula...

Nesta temporada, e, coma unha das cousas máis importantes de 2º é a lectura fluida, estamos traballando con varios contos.
Estamos con varios á vez, e, estamos a piques de comezar con outro chamado "Los zorros del Norte" co que traballaremos a parte da lectura, a competencia matemática. Xa vos irei explicando como vai ser!

Conto clásico dos tres osos: é importante á hora de elexir que o conto teña un contido apropiado para a súa idade e debuxos agradables á súa vista.
                     
Este tipo de contos pop-up gústanlle moito, porque a parte de ler, entretéñense xogando... iso sí, hainos que buscar adaptados á súa idade. Este é un exemplo máis adaptado a infantil, pero que lles gustou moito.

 Con "Bigote negro, Bigote blanco" estamos facendo lecturas na clase e actividades relativas a cada páxina (ainda que xa o levarades nas vacacións de Nadal).

En breve comezaremos a traballar co seguinte conto: "Los zorros del norte"; hoxe xunto cos alumn@s de 2º B escoitamos a introdución do conto e tivemos que debuxar a paisaxe na que cremos que se ubica o conto: unha paisaxe moi moi fría..., con moita neve, pinos e abetos... De todos os debuxos seleccionaremos un para comezar a traballar máis a fondo o conto.

martes, 17 de enero de 2012

Copa do Mundial de fútbol en Cariño...

Hoxe pola mañá sacámonos unha foto coa copa da Selección española de fútbol, recibida polo seu triunfo no mundial de Sudáfrica de 2010.




martes, 10 de enero de 2012

A canción que escoitamos esta semana no cole... ás entradas e saídas

Antes de nada... Benvidos de novo, espero que os reis se portaran ben con vós!
Esta semana ás entradas e saídas e co timbre do patio soa esta canción de "Adele"cxantada por esta nena mexicana chamada Ángela Vázquez; como vos gustou moito, póñovos o video (por se o queredes ver outra vez), e, para que vexades que os nenos/ as tamén podedes facer grandes cousas coma ela...  A que canta moi ben?