miércoles, 31 de octubre de 2012

lunes, 29 de octubre de 2012

Samaín

Pronto se achega o Samaín, e o Magosto..., para ir traballándoo pola vosa conta, aquí vos deixo enlaces de actividades LIM feitas por outros colexios.

http://chiscos.net/f1/samain/samain.html

http://chiscos.net/almacen/lim/samai_n4/lim.swf?libro=samai_n.lim

Video: http://vimeo.com/31461269

VIDEO (CANCIÓN DE MAMÁ CABRA)
LETRA:

Era noite de trebón
nun vello e mouro castelo,
a auga caía a chuzos
e os lóstregos a miles.


Oes dentro un barullo
de alaridos e lamentos,
era noite de trebón
nun vello e mouro castelo.

Bule, bule, bule, bule,
bailan, bailan os espectros,
bailan, bailan esqueletes,
sapos, monstros e morcegos.

Bailan, bailan as pantasmas,
monstros, bruxas e curuxas.
Bule, bule que aínda é cedo
e hoxe toca pasar medo.


Bule, bule, bule, bule,
bailan, bailan os espectros,
bailan, bailan esqueletes,
sapos, monstros e morcegos.
Bailan, bailan as pantasmas,
monstros, bruxas e curuxas.
Bule, bule que aínda é cedo
e hoxe toca pasar medo!

martes, 23 de octubre de 2012

Partes da cara

Así foi un dos traballos que realizamos en plástica (para lembrar que debuxar unha cara é máis "complexo" do que parece), e que temos detalles que moitas veces non debuxamos. Deste xeito, cortando por catro zonas a cara, puidemos debuxar varias distintas (con distinto pelo, ollos, nariz, boca...), e intercambiarlles as partes para crear novas caras.
Outro, foi o debuxo da figura humana (muller e home), proxectándoos na pizarra dixital, mentres eles trataban de representalos nos seus blocs de debuxo.

jueves, 18 de octubre de 2012

Exercicios de redondeo

Aquí vos deixo un enlace (de onde quito os exercicios de redondeo), e nesa páxina, podedes pinchar nos tres primeiros enlaces para xerar exercicios deste tipo (se tedes impresora, podédelos imprimir, ou, facelo mirando a pantalla do ordenador), porque hai un apartado "Solucións" para saber se está todo correcto ou non.
Máis abaixo tamén hai un xerador no que podedes poñer vós as cantidades).


viernes, 5 de octubre de 2012

Ampliación do esqueleto

Se pinchades nesta imaxe, abrirásevos un enlace para saber mais sobre os ósos (na parte "Ampliar conocimientos"), e, despois poderedes comprobar en "Evaluación" se o sabedes ou non.

Datas das probas, tema 1