lunes, 26 de noviembre de 2012

Animais vertebrados e invertebrados

Se pinchades neste enlace, veredes que hai 8 preguntiñas sobre animais e que xa sabedes moitas cousas sobre eles! Comprobádeo, veredes que facil é...

http://www.educa.madrid.org/web/cp.fuencisla.madrid/Ejercicioshotpotatoes/ANABEL.%20Hot%20potatoes/Anabelindex.htm

Xogo "La máquina de los sentidos"

Se pinchas na imaxe, seguirás descubrindo máis cousas sobre os sentidos... Atent@ e a xogar!

Bonecos dos dereitos


viernes, 23 de noviembre de 2012

20 de novembro, Día da Infancia

O martes foi o día da infancia, dos nenos/ as , e, por iso, no colexio estamos traballando os seus dereitos.
Para isto, estamos decorando o cole con bonequiños facendo unha cadea "humana" de dereitos universais infantís, como:
- Dereito a ser un mesmo (Identidade)
- Dereito a ter familia (Familia)
- Dereito a estar protexido (Protección)
- Dereito á  ser educado (Educación)
- Dereito a ser iguais uns aos outros (Igualdade)
- Dereito a xogar (Xogo)
- Dereito a participar e a ser escoitado (Participación)
Así mesmo, debedes saber, que ao igual que temos dereitos, tamén temos deberes que debemos cumprir (normas).
 
Aquí abaixo póñovos unha canción relacionada cos Dereitos:
 

martes, 13 de noviembre de 2012

martes, 6 de noviembre de 2012

Aprendendo a investigar...sobre a froita

Hoxe repártovos froitos de outono (froitos secos e carnosos (froitas);a parte "plástica"está comezada.... hai 16 froitos, un para cada un de vós!, e, vades a ter que facer un pequeno traballiño de investigación... Podedes axudarvos de todos os materiais que necesitedes, dicionarios, libros, revistas, internet...
O traballo vai consistir en aportar información do froito/a que vos toque...; así coñecerémolas máis a fondo. 
O cole está nun proxecto de consumo de froita fresca entre o alumnado (só son dúas semanas neste curso escolar, e comezamos o luns 12), polo tanto, temos que saber e coñecer por que é tan importante consumir froita diariamente.
Nome do/a froito/a:................... (castelán), ................ (galego)
Seco ou carnoso? .......................................
Que nutrientes nos aporta? ............................................ 
Por que é beneficioso/a para o noso organismo? .......................................
De onde proceden maioritariamente? ........................................................
Podedes seguir ampliando información como vós vexades... con imaxes, receitas, contos, poesías ou adiviñas... todo o que se vos ocorra, e decidimos que cousas nos serven para facer un mural-exposición.


Xogo dos alimentos

Se pinchades neste enlace, tedes un xogo dos alimentos en castelán (da marca "Puleva")

http://www.puleva.es/img/prog_9.swf