martes, 6 de noviembre de 2012

Aprendendo a investigar...sobre a froita

Hoxe repártovos froitos de outono (froitos secos e carnosos (froitas);a parte "plástica"está comezada.... hai 16 froitos, un para cada un de vós!, e, vades a ter que facer un pequeno traballiño de investigación... Podedes axudarvos de todos os materiais que necesitedes, dicionarios, libros, revistas, internet...
O traballo vai consistir en aportar información do froito/a que vos toque...; así coñecerémolas máis a fondo. 
O cole está nun proxecto de consumo de froita fresca entre o alumnado (só son dúas semanas neste curso escolar, e comezamos o luns 12), polo tanto, temos que saber e coñecer por que é tan importante consumir froita diariamente.
Nome do/a froito/a:................... (castelán), ................ (galego)
Seco ou carnoso? .......................................
Que nutrientes nos aporta? ............................................ 
Por que é beneficioso/a para o noso organismo? .......................................
De onde proceden maioritariamente? ........................................................
Podedes seguir ampliando información como vós vexades... con imaxes, receitas, contos, poesías ou adiviñas... todo o que se vos ocorra, e decidimos que cousas nos serven para facer un mural-exposición.


No hay comentarios:

Publicar un comentario