miércoles, 29 de febrero de 2012

Seguindo coas formas xeométricas...

Xa fai uns días comezamos a debuxar animais; primeiro da selva (sobre todo mamíferos), e despois, un de cada tipo. Cando acabemos o traballo, xa vos ensinaremos os debuxos, están quedando moi chulos!!
Para iso, pensaredes que non ten que ver coas formas xeométricas, pero... si! Estamos debuxando os animais a partir dun libro, paso a paso, e, primeiro pártese de formas básicas para logo ir redondeando as formas ata chegar a debuxar o animal. O libro é o seguinte:


Seguindo co mesmo tema, e antes de pasar ás figuras con volume, escollín outro libro que explica moi ben a importancia da existencia das formas... saíron moitas respostas e reflexionaron sobre moitas cousas que usamos todos os días que teñen distintas formas: os libros, as mesas, os reloxos, as galletas, a froita... Este é un libro de Anxo Fariña titulado "Os magos das formas":



martes, 28 de febrero de 2012

Traballando o "tangram" base, con figuras e facendo animais


Máis opcións:





A nosa elección para traballar as figuras planas:


Estas imaxes son figuras de animais cubertas con plastilina, feitas unicamente coas pezas do tangram


Mirade cantas figuras son posibles de facer cun tangram! Hai moitísimas e, sobre todo, de animais (tema que nos interesa...). Pode haber incluso máis formas que non saibamos, pero botándolle imaxinación, seguro que saberíamos buscarlle un significado! Estas que vedes abaixo son todas as pezas que contén un tangram: 5 triángulos de distinto tamaño, 1 cadrado e 1 trapecio. Suelen ser "xogos-educativos" de pouco custe e con moitas vantaxes. Se queredes saber máis, podedes pinchar neste blog: http://psicopedagogias.blogspot.com/2008/01/el-tangram-un-juego-y-una-potente.html



martes, 14 de febrero de 2012

Xogos de ortografía online

Pinchando na foto accederedes ao xogo de ortografía, pero está sacado da páxina: http://www.vedoque.com/ que tamén podedes visitar porque hai máis xogos!

Outro enlace de Junta de Andalucía:


lunes, 13 de febrero de 2012

Actividades de repaso online (Editorial SM)

Actividades variadas online (preme na imaxe)
Para máis actividades deste estilo, aquí vos poño outro enlace no que veredes os xogos anteriores e máis divididas por trimestres!: http://duo1.lacoctelera.net/categoria/libros-vivos-2-luna

viernes, 10 de febrero de 2012

Conto de "Alicia" e actividade lim do tempo

Premede nesta imaxe para facer actividades relacionadas co conto de "Alicia..." e a ficha de comprensión lectora que levachedes onte. É unha actividade Lim feita pola profe Mari Carmen!!É Moi interesante para repasar as horas e os reloxos analóxicos e dixitais!Probade a facelo...

Xeradores de caligrafía e máis (necesario ter impresora!)

Nesta páxina poderedes escribir o que queirades para xerar caligrafía (en varios idiomas) e facela despois (unha vez impresa) coa vosa letra! Facede clic na imaxe para ir á páxina.
Póñovos o enlace completo tanto para caligrafía (que é este anterior), coma para xerar sumas, restas e multiplicacións: http://www.mclibre.org/consultar/primaria/index.html


Outra páxina para xerar caligrafía  e outras fichas (tedes que seleccionar nas pestañas:caligrafía, ortografía, numeración...). Premede na imaxe para acceder ao enlace.

jueves, 2 de febrero de 2012

"A matemática nos contos"

Como xa vos comentara, en 2º estamos traballando con contos: polo de agora estamos centrados no conto "Los zorros del Norte", do que xa vos falara.
Reunímonos varios compañeiros do colexio (de EI, 1º ciclo e inglés) para facer un traballo "proxecto" no que nos vamos a centrar en como podemos ensinar matemáticas dunha forma máis divertida... a través dos contos; por iso, irán levando anaquiños do libro e tamén o traballaremos na aula, sempre do mesmo xeito: intentando que reflexionen un pouco máis.
Aquí vos deixo o comezo e o enlace a noso outro blog:
http://matcontos.blogspot.com/