martes, 25 de octubre de 2011

Recomendacións da reunión de pais/nais de hoxe

  • Lectura diaria (en alto, para controlar que o fagan correctamente). Hai moitos libros de distintas editoriais, OQO, kalandraka (de E. Infantil a Primaria; podedelos atopar en http://www.oqo.es/ (se os queredes tanto en galego coma en castelán, sería a "colección O"; o recomendable para que practiquen o idioma sería compensar e ler nas dúas linguas). Outras editoriais son Anaya, Santillana... Se vos interesa, podedes preguntar en calquer librería por libros para nenos de 7 anos (hai unha gran cantidade). É importante coidar a entoación, respectando as comas e os puntos, cousa que iremos aprendendo pouco a pouco.
  • Axenda (traer ao cole unha axenda para ir apuntando as tarefas diarias).

lunes, 24 de octubre de 2011

O outono

Como nesta época era inusual ter tan bó tempo, comezaremos a traballar o outono na clase a partir de agora.
Vouvos deixando un video-canción do conto "Corre corre cabaciña", da editorial OQO. Son libros adaptados para nenos da vosa idade e teñen debuxiños moi bonitos! A ver se vos gustan!

miércoles, 19 de octubre de 2011

O abecedario ou alfabeto galego

Lembrádevos que no alfabeto (galego) non hai nin "j, k, w nin y" !

martes, 18 de octubre de 2011

Para mañá

Lembrádevos de traer un recorte de xornal (periódico) ou revista no que apareza un deportista. É para repasar e traballar as distintas partes do corpo e as articulacións.
Xa o teríamos que facer hoxe, pero a maioría non o trouxo!!
Tamén faremos gravacións do conto "O gato lambón" do que xa leváchedes hoxe un anaquiño!

viernes, 14 de octubre de 2011

Traballando o corpo con plastilina

Como vedes, "o corpo" e unha unidade que traballaremos moito, por iso, hoxe traballamos as e grandes partes do corpo: cabeza, tronco, extremidades (divididas en extremidades superiores e inferiores)
         

Fin de semana

Non vos olvidedes de preguntar como se elabora o voso prato favorito (pasos), para traballar oralmente na clase. Non tedes que escribilo, simplemente, "memorizar os pasos".
Para expresarnos oralmente (ó igual que na escritura) é importante non repetirnos moito; é dicir, non utilizar seguido "después, después..."; hai que intentar usar máis vocabulario.
Exemplo: Primeiro, ............
Despois, .............
A continuación, ..........
E, por último, ...........
É importante tamén ler diariamente un pouco!!!Media hora será suficiente, pero CUMPLÍDEO!! Da igual o tipo de lectura, ainda que se está adaptada á vosa idade, mellor!

jueves, 13 de octubre de 2011

Navega con rumbo

No seguinte enlace accederedes á web "Navega con rumbo" da Xunta de Galicia, na que vos dan claves (tanto a pais/nais como alumn@s) para navegar pola web dun xeito seguro!! Tamén hai xogos e outros enlaces dentro desa mema páxina.
                      http://www.edu.xunta.es/navegaconrumbo/

lunes, 10 de octubre de 2011

Visita ao laboratorio

Hoxe estivemos no laboratorio observando e repasando todas as partes que coñecemos do esqueleto (ósos): cranio, queixada, clavícula, omoplatos, esterno, costelas, columna vertebral, úmero, cúbito e radio, pelve, fémur, tibia e peroné.
Mañá faremos un "control" para ver se nos acordamos de todas estas partes e das articulacións (por onde dobramos o noso corpo): pescozo, ombreiros, cóbados, pulso, cadeira, xeonllos e nocellos.

jueves, 6 de octubre de 2011

Ortografía

Na pestana "Recursos" tedes unha presentación de 15 fichas para traballar a ortografía en 2º. Alí están as normas básicas máis importantes para este curso. Irémolas traballando pouco a pouco, para ao final facer un libriño de "Ortografía".
Un saúdo!
Tamara

Como comentar no blog

Ola a tod@s!!
Hoxe díxome unha alumna que comentara algo no blog, pero ao miralo, decateime de que non fora así, porque para poder deixar un comentario, tedes que abrir unha conta de Gmail (email de google; apareceravos nunha pestana de arriba, ao lado de "la web, imagenes, videos, maps, noticias e más").
Rogaríavos que vos identificárades co voso nome real, ou similar, e, se os nen@s queren comentar, que sexa sempre baixo a vosa autorización. As contas de Gmail son gratuitas e moi sinxelas de usar.
Os comentarios serán só de tipo educativo, suxerencias, dúbidas, etc.
Sínto non aclaralo antes, pero, como de todo se aprende...vamos pouco a pouco.
Un saúdo da profe!

martes, 4 de octubre de 2011

lunes, 3 de octubre de 2011

Novo aspecto do blog

Como vedes, cambiei un pouco a forma do blog, espero que vos guste!

Traballando a MAIÚSCULA!

Aquí tedes dous enlaces para traballar a maiúscula online:

Máis de animais

Se queredes "crear" os vosos propios animais, premede no enlace abaixo indicado... e a ver cales son as vosas orixinais creacións!



                                                   http://www.switchzoo.com/

Como facer animaliños con huellas dactilares