martes, 25 de octubre de 2011

Recomendacións da reunión de pais/nais de hoxe

  • Lectura diaria (en alto, para controlar que o fagan correctamente). Hai moitos libros de distintas editoriais, OQO, kalandraka (de E. Infantil a Primaria; podedelos atopar en http://www.oqo.es/ (se os queredes tanto en galego coma en castelán, sería a "colección O"; o recomendable para que practiquen o idioma sería compensar e ler nas dúas linguas). Outras editoriais son Anaya, Santillana... Se vos interesa, podedes preguntar en calquer librería por libros para nenos de 7 anos (hai unha gran cantidade). É importante coidar a entoación, respectando as comas e os puntos, cousa que iremos aprendendo pouco a pouco.
  • Axenda (traer ao cole unha axenda para ir apuntando as tarefas diarias).

No hay comentarios:

Publicar un comentario