domingo, 29 de abril de 2012

Plantación de hortensias

Hortensias con lechugas!!Así de crecidas van algunhas hortensias... Outras non están tendo a mesma sorte, e parece que nin a luz que lles da, nin a auga coa que as regamos é suficiente...

martes, 24 de abril de 2012

"Preguntatablas"

Con esta aplicación do Goberno de Canarias podedes repasar as tablas de multiplicar. Cada día deberíades practicar e repasar as aprendidas para non olvidalas!!

Xogos de atletismo

Lembrade que mañá, mércores (se o tempo o permite), é o día que vades ao Barqueiro a practicar xogos e probas de atletismo. Como xa tiñades que traer chándal para E. Física, non facía falta recordárvolo, ainda que xa estabades avisados.
Saúdos!!

Restas levando online

É importante non descoidar as contas (sumas e restas)! Aquí tedes un enlace para practicar restas con levadas:
 

Actividades de lengua e mate (Junta de Castilla y León)

Pincha na imaxe e accederás a actividades (colgadas por Educación de "Junta de Castilla y León"), divididas en idades e áreas (lengua C. e matemáticas).
Podedes empezar co primeiro nivel (6-8 anos, ainda que creo que seredes capaces de continuar as actividades de 8 a 10), Probade!!

"Pikipalabra"

Fai clic na imaxe, e abrirase noutra pestaña este divertido xogo (imitación ao popular concurso "Pasapalabra"). Xa veredes que divertido!! Tedes que escoller a opción de xogar unha ou dúas persoas e vai dun nivel básico a outros mais complicados...

Marcapáxinas polo día do libro...




Onte, 23 de abril, fixemos estos marcapáxinas que vedes para celebrar o día do libro! Xa sabedes a importancia que ten a lectura... Aquí van algunhas mensaxes:
"El que lee mucho sabe mucho"
"¡Lánzate al placer de la lectura!"

martes, 17 de abril de 2012

Actividades do Ite online, na web, na columna da esquerda

Aquí tedes outro enlace para practicar e repasar pola vosa conta na casa!
Para abrir cada un dos xogos tedes que darlle un clic a "Ir a la aplicación", xa que anteriormente sae unha pequena descripción do xogo.

Tema o sol, a lúa e os planetas...

Para coñecer mais sobre este tema, e, gracias a que un alumno o trouxo á clase, o venres tivemos unha sesión interactiva co xogo do Planetario... Serviunos para comezar a averiguar moitas cousas!
Na biblioteca tamén hai recursos que nos serviron de axuda... utilizamos a revista "Muy interesante junior" e, nela contábanos cousas sobre os astros, meteoritos, cometas... Tamén na revista "Reportero Doc" falaba sobre a historia da terra, dun xeito entretido (e, ademais ao final da revista hai un xogo de preguntas, e, con el descubrimos que foi Neil Amstrong o primeiro home en pisar a lúa).
Pero o libro que mais información contiña (a parte do que poidamos buscar en internet), era "O sistema solar" de Baía Edicións (en galego):

 



viernes, 13 de abril de 2012

Saída a Aldea Nova

Hoxe o alumnado de 1º ciclo levará á casa unha notiña para que os pais/ nais marquedes a casilla correspondente á opción que elixades (para ir ou non á saída que realizaremos o 21 de maio a "Aldea Nova", en Narón).
Se queredes máis información podedes pinchar no enlace de Aldea Nova para saber as posibilidades que nos ofrecen:
http://www.aldeanova.es/

Saúdos!

martes, 10 de abril de 2012

A primavera, as flores e as súas partes!

Actividade de coñecemento-plástica no que aprenden as partes (básicas) dunha flor: na corola: pétalos, pistilo, estame, no cáliz: sépalos.