miércoles, 18 de enero de 2012

Contos que estamos traballando na aula...

Nesta temporada, e, coma unha das cousas máis importantes de 2º é a lectura fluida, estamos traballando con varios contos.
Estamos con varios á vez, e, estamos a piques de comezar con outro chamado "Los zorros del Norte" co que traballaremos a parte da lectura, a competencia matemática. Xa vos irei explicando como vai ser!

Conto clásico dos tres osos: é importante á hora de elexir que o conto teña un contido apropiado para a súa idade e debuxos agradables á súa vista.
                     
Este tipo de contos pop-up gústanlle moito, porque a parte de ler, entretéñense xogando... iso sí, hainos que buscar adaptados á súa idade. Este é un exemplo máis adaptado a infantil, pero que lles gustou moito.

 Con "Bigote negro, Bigote blanco" estamos facendo lecturas na clase e actividades relativas a cada páxina (ainda que xa o levarades nas vacacións de Nadal).

En breve comezaremos a traballar co seguinte conto: "Los zorros del norte"; hoxe xunto cos alumn@s de 2º B escoitamos a introdución do conto e tivemos que debuxar a paisaxe na que cremos que se ubica o conto: unha paisaxe moi moi fría..., con moita neve, pinos e abetos... De todos os debuxos seleccionaremos un para comezar a traballar máis a fondo o conto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario