miércoles, 28 de marzo de 2012

Traballando os centímetros e metros mediante as nosas alturas

Aquí abaixo tedes unha gráfica que temos tamén na aula, na que se pode observar as diferentes alturas dos nenos da aula: están expresadas en centímetros CM, pero tamén coñecemos a unidade de medida referida ao metro (M). Lembrade que 1 m = 100 cm
Medíndonos decatámonos de que hai varios nenos e nenas na clase que miden máis ou menos o mesmo! Non son medidas exactas, pero aproximadas... Collimos un metro do material de Santillana, e puxémonos a medir un a un, e, así aparecían as comparacións, que, neste caso, son positivas, xa que aprenden a traballar as unidades de medida doutro xeito!

No hay comentarios:

Publicar un comentario