miércoles, 28 de marzo de 2012

Gotas por Níger

Onte fixemos unha carreira-circuito para solidarizarnos cun problema importante en Níger: a auga... Coma o noso cole participa no proxecto "Enrédate" de Unicef, organizouse este acto simbólico: a carreira consistía en intentar conseguir cantas máis gotas posibles, mellor!E, así tamén os nen@s se dan conta de que non ter auga, nin comida nin roupa é un grave problema...
O venres antes das vacacións aproveitamos para facer unha flor cunha gota e unha mensaxe de ánimo para os nenos de Níger. Despois, pegámolas na árbore da entrada do colexio!

No hay comentarios:

Publicar un comentario