viernes, 22 de junio de 2012

Recomendacións

Estimados país/nais de alumnos/as de 2º:
Ante todo, agradézovos a vosa colaboración durante este 1º ciclo.
De cara ao verán, mándovos unas recomendacións (así coma fichas de repaso), que, non sendo obrigatorias, son recomendadas.
·         Lectura de contos, libros, revistas… o que sexa adaptado á súa idade. É importante que non descoiden a lectura, que lean diariamente un pouco para chegar ao seguinte nivel cunha boa fluidez lectora. É recomendable tamén que lean máis en galego, que falen ou lles falen en galego para practicar a nivel oral.
·         Facer descripcións e narracións, contar historias reais ou inventadas nunha folla ou na libreta, así mellorarán a expresión escrita (revisándolles a ortografía: puntuación, uso de maiúsculas, comas...).
·         Cálculo de sumas e restas con e sen levada e repaso das tablas de multiplicar.
·         Repaso das horas e o traballo cos cartos. Poden manipular euros e céntimos e interpretar reloxos.
Así mesmo, nas fichas trabállanse os contidos básicos do ciclo: levan fichas de matemáticas, lingua e comprensión lectora. 
Espero que pasedes bo verán e graciñas polo agasallo.
-Lembrade tamén que podedes visitar o blog as veces que queirades, para xogar, ler (indo ás entradas do blog e facendo clic nos enlaces), ou ver todos os nosos traballos. Seguirá dispoñible!!
 
Saúdos,
A Titora

No hay comentarios:

Publicar un comentario