jueves, 15 de mayo de 2014

Traballo durante o curso "O último canto"

O que nos tivo tan ocupados ao alumnado de 2º ciclo dende xaneiro foi a gravación da curtametraxe "O último canto"; por iso, tivemos abandonado o blog.
Trátase dun proxecto levado a cabo por mestres que impartimos clase en 3º e 4º.
Primeiro escollimos o libro "O último canto" de Pablo Albo, da Editorial OQO (que nos enviou 15 libros ao colexio e 6 cutrametraxes en DVD), lémolos nas aulas, e despois, pouco a pouco fomos montando escenarios e comezando a mover os personaxes; logo veu a gravación de audio, e cancións.
A pesar de ser un traballo moi laborioso para tan só 5 minutos de curtametraxe, é á vez motivador, e, sobre todo porque se da importancia á lingua galega no ensino e ensino audiovisual.
Como todo este traballo o presentamos a un concurso da CRTVG, non podemos poñer aínda o resultado, pero mañá será proxectado no salón de actos para todo o alumnado do colexio.
Tamén están expostos na entrada principal os decorados e personaxes utilizados. Esperamos que vos guste!









libro orixinal de OQO


É un pequeno resumo con imaxes e texto a modo de guión gráfico que nos axudou moito a ordear a historia por escenas.


No hay comentarios:

Publicar un comentario